Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Nireblog.com/gl Blogue

06/10/2006 GMT 1

Presentamos a versión en Galego de Nireblog

gl @ 10:37

Xa está dispoñible Nireblog en Galego, con iso queremos contribuír a aumentar a creación de contidos en Galego na rede.

Nireblog ten unhas características que o destinxen doutros sistemas, Por exemplo, ademais do Galego, é posible crear Blogues en Español, Euskara, Português, Inglés e Árabe , ... esperamos que deica pouco estea en máis idiomas (Catalán, Chinés, ...).

Cada idioma ten a súa propia páxina, onde irán aparecendo os últimos Blogues publicados nese idioma, ademais hai un Planet onde aparecerán os Blogues modificados en todos os idiomas..

O sistema de administración é moi simple intuitivo e versátil, inspirado na fantástica “coctelera”

Permite que varias persoas escriban un mesmo Blogue sen necesidade de utilizar a mesma conta (Multiusuario).

Permite crear enlaces, poñer texto en negriña, cursiva, inserir imaxes, ... sen necesidade de ter coñecementos de programación.

Sistema de comentarios que se pode personalizar, permitir comentarios ou non, ou que estean moderados polo autor de Blogue, ademais soporta Trackbacks.

Podes escoller entre máis de 30 deseños, ou se o desexas podes modificar a aparencia do teu Blogue ao teu gusto cun sinxelo asistente.

Podes incluír publicidade dentro dos teus Blogues, que aparecerán en distintas zonas do teu Blogue, todo o que consigas será para ti.

Permite importar a túa conta de Blogger / Blogspot, todos os Post e Comentarios dentro dun Blogue creado en Nireblog, do mesmo xeito en calquera momento podes exportar o contido do teu Blogue nun arquivo de texto.

Agora xa só queda Bloguear!

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis